DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2025 Páx. 22896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses, o acordo adoptado por este xurado relativo a deslindamentos con particulares (expediente 114/78 e oito máis).

Na sesión que tivo lugar polo xurado provincial o día 18.3.2025, figuran os seguintes acordos:

– O MVMC Serra de Loibán, Costa de Cebrán, Lombas e Pico O Raso, pertencente aos veciños da parroquia de Ourol, concello de Ourol (expediente 114/78).

O 17.7.2020, a comunidade de Ourol presentou unha proposta de deslindamento do seu monte respecto de propiedades particulares, coa que solicita o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

O 14.5.2021, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre a proposta formulada.

O 18.6.2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento con número de expediente 4DES_2020. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello de Ourol e na web da Consellería do Medio Rural.

O 27.11.2023, a comunidade de Ourol presentou una proposta posterior á análise das alegacións recibidas por parte de trinta alegantes. É destacable que na nova proposta non aceptan as alegacións, por careceren de identificación e límites físicos, e só propoñen o deslindamento dos montes denominados Serra de Loibán, Costa de Cebrán e Pico O Raso.

O 1.12.2023, o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento parcial expresado.

O 26.8.2024 a comunidade de Ourol presentou a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 6.10.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe no que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Serra de Loibán, Costa de Cebrán, Lombas e Pico O Raso pasa a ter una superficie de 488,63 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará unha resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– O MVMC de Callós, Lameiras, Veiga da Torre, Panda, Sendeño e O Cristo da Portapena, pertencente aos veciños da parroquia de San Pantaleón de Cabanas, no concello de Ourol (expediente 119/78).

O 15.1.2021, a comunidade de San Pantaleón de Cabanas presentou unha proposta de deslindamento do seu monte, respecto de propiedades particulares, coa que solicitaba o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Tras serlles requirido, a solicitude foi emendada o 12.5.2021.

O 14.6.2021 o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre proposta formulada.

O 14.7.2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento con número de expediente 1DES_2021. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello de Ourol e na web da Consellería do Medio Rural.

O 25.4.2023, a comunidade de San Pantaleón de Cabanas presentou a proposta de deslindamento tras analizar as alegacións recibidas, das que catro foron aceptadas e dúas rexeitadas (a primeira delas, presentada por Guillermo Vila Cajete, é rexeitada por identificar incorrectamente o terreo; a segunda, de Dolores Castelo Rouco, por atoparse os predios fóra da parroquia).

O 8.5.2023 o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento proposto.

O 3.6.2024 e 8.8.2024, a comunidade do MVMC presentou a documentación relativa á proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 30.9.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe no que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Callós, Lameiras, Veiga da Torre, Panda, Sendeño e O Cristo da Portapena pasa a ter una superficie de 437 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará unha resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– O MVMC de Balgos, pertencente aos veciños do lugar de Balgos, parroquia de San Martín da Ribeira, no concello de Cervantes (expediente 101/78).

O 30.9.2022 a comunidade de Balgos presentou unha proposta de deslindamento parcial do seu monte, respecto de propiedades particulares, coa que solicitaba o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

O 4.1.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre proposta formulada de deslindamento parcial.

O 9.2.2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento con número de expediente 5DES_2022. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello de Cervantes o 26.1.2023 e na web da Consellería do Medio Rural.

O 7.7.2023, a comunidade de Balgos comunicou a ratificación na devandita proposta, con indicación de que non recibiron alegacións no prazo establecido.

O 26.7.2023, o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento solicitado.

O 1.10.2024, tivo entrada a proposta definitiva da liña de deslindamento parcial, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 9.10.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe no que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Así mesmo, para adaptar o perímetro do monte ás liñas de deslindamento e darlle a coherencia espacial necesaria, integrouse nesta proposta a revisión do esbozo do resto do perímetro do monte, de conformidade coa solicitude presentada pola comunidade o 29.9.2022 e de acordo co establecido no procedemento recollido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de monte de Galicia. Procedemento Cervantes/101_78/2022_242.

Tendo en conta as liñas de deslindamento parcial e a revisión do esbozo do resto do perímetro do monte, o MVMC Balgos pasa a ter una superficie de 253,27 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará unha resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– O MVMC de Guimarei, pertencente aos veciños da parroquia de Guimarei, no concello de Baralla (expediente 65/77).

O 21.2.2023, a comunidade de Guimarei presentou unha proposta de deslindamento do seu monte, respecto de propiedades particulares, coa que solicitaba o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. O Servizo de Montes apreciou que na solicitude non se presentaba xustificación documental de que os predios que se pretendían excluír do monte eran predios particulares. Por todo iso, informouse desfavorablemente a solicitude, por falta de xustificación legal e histórica.

O 6.7.2023 presentaron unha nova solicitude na que definen dous perímetros de deslindamento respecto de tres propiedades particulares.

O 20.7.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre proposta formulada.

O 11.8.2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento con número de expediente 2023_1DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello de Baralla e na web da Consellería do Medio Rural.

O 2.11.2023, unha vez transcorrido o prazo para a presentación de alegacións, a comunidade ratificouse na proposta con indicación de que non recibiron alegacións.

O 5.12.2023, o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento solicitado.

O 7.10.2024, tivo entrada a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 25.10.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe no que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Guimarei pasa a ter una superficie de 281,52 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará unha resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– O MVMC de Mariz, pertencente aos veciños da parroquia de Mariz, no concello de Guitiriz (expediente 27/75-4/2015).

O 18.5.2023, a comunidade de Mariz presentou unha proposta de deslindamento parcial do seu monte, respecto de propiedades particulares, coa que solicitaba o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

O 30.5.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre proposta formulada.

O 22.6.2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento con número de expediente 2023_4DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello de Guitiriz e na web da Consellería do Medio Rural.

O 13.11.2023, unha vez transcorrido o prazo para a presentación de alegacións, a comunidade ratificouse na proposta con indicación de que non recibiron alegacións.

O 11.12.2023, o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento solicitado.

O 6.5.2024, tivo entrada a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 4.10.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe no que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento parcial. Segundo a nova cartografía, o monte de Mariz pasa a ter una superficie de 744,67 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará unha resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– O MVMC de Seoane, pertencente aos veciños de Seoane, na parroquia de Lamas de Moreira, concello da Fonsagrada (expediente 107/77).

O 9.6.2023, a comunidade de Seoane presentou unha proposta provisional dun deslindamento parcial do seu monte, respecto de propiedades particulares, coa que solicitaba o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

O 15.6.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre proposta formulada.

O 30.6.2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento con número de expediente 2023_5DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello da Fonsagrada e na web da Consellería do Medio Rural.

O 10.8.2023, a comunidade de Seoane presentou a súa ratificación na proposta con indicación de que non recibiron alegacións. Así mesmo, coa proposta achegan a documentación requirida no citado artigo 54.

O 25.10.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable, que incorpora unha memoria na que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Seoane pasa a ter una superficie de 195,99 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará unha resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

– O MVMC de Valoscuro, Reboleira e A Ermita, pertencente aos veciños da parroquia de Vilaicente, no concello das Nogais (expediente 57/80).

O 7.7.2023 e 11.7.2023 a comunidade de Vilaicente presentou unha proposta provisional dunha liña deslindamento do seu monte con propiedades particulares de Vilaicente e co monte abertal denominado Lamas de Figueiró e Pena dos Tiros (Riomao). Solicitan o inicio do correspondente procedemento de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Tras serlles requirido, o 7.8.2023 a solicitude foi mellorada.

O 5.9.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre proposta formulada.

O 21.9.2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento número 2023_7DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello das Nogais e na web da Consellería do Medio Rural.

O 2.11.2023, unha vez transcorrido o prazo para a presentación de alegacións, a comunidade ratificouse na proposta con indicación de que non recibiron alegacións.

O 11.12.2023, o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento solicitado.

O 15.10.2024, a comunidade de Vilaicente presentou a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 27.10.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe no que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Valoscuro, Reboleira e A Ermita pasa a ter una superficie de 66,05 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará unha resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

– O MVMC de Vilariño, pertencente aos veciños de Vilariño de Batán, parroquia de Belaz, no concello de Portomarín (expediente 38/76).

O 29.1.2024 a citada comunidade presentou unha proposta provisional de deslindamento parcial do seu monte, respecto de propiedades particulares, coa que solicitaba o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Tras serlles requirido, o 21.2.2024 presentaron a mellora da solicitude.

O 7.3.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre proposta formulada.

O 27.3.2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento número 2024_4DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello de Portomarín e na web da Consellería do Medio Rural.

O 29.4.2024, unha vez transcorrido o prazo para a presentación de alegacións, a comunidade ratificouse na proposta inicial con indicación de que non recibiron alegacións.

O 9.5.2024, o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento solicitado.

O 4.10.2024 tivo entrada a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 21.10.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe no que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Vilariño pasa a ter una superficie de 135 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará unha resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VIII, ao final deste anuncio.

– O MVMC de Gonzar e Ferrería, pertencente aos veciños de Gonzar e Ferrería, na parroquia de Gonzar, concello de Portomarín (expediente 42/76).

O 29.1.2024 a citada comunidade presentou unha proposta provisional de deslindamento parcial do monte veciñal respecto do predio denominado Ferrería, de propiedade particular. Solicitan o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Tras serlles requirido, a solicitude foi mellorada coa presentación de documentación os días 21.2.2024 e 26.2.2024.

O 8.3.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre proposta formulada.

O 27.3.2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento con número 2024_5DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello de Portomarín e na web da Consellería do Medio Rural.

O 30.4.2024, unha vez transcorrido o prazo para a presentación de alegacións, a comunidade ratificouse na proposta inicial con indicación de que non recibiron alegacións.

O 9.5.2024, o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento solicitado.

O 4.10.2024 tivo entrada a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 10.1.2025, o Servizo de Montes emitiu un informe no que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento parcial. Segundo a nova cartografía, o monte de Gonzar e Ferrería pasa a ter una superficie de 161,38 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará unha resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IX, ao final deste anuncio.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 4 de abril de 2025

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslindamento MVMC Serra de Loibán e outros

missing image file

ANEXO II

Deslindamento MVMC Callós e outros

missing image file

ANEXO III

Deslindamento MVMC Balgos

missing image file

ANEXO IV

Deslindamento MVMC Guimarei

missing image file

ANEXO V

Deslindamento MVMC Mariz

missing image file

ANEXO VI

Deslindamento MVMC Seoane

missing image file

ANEXO VII

Deslindamento MVMC Valoscuro, Reboleira e A Ermita

missing image file

ANEXO VIII

Deslindamento MVMC Vilariño

missing image file

ANEXO IX

Deslindamento MVMC Gonzar e Ferrería

missing image file