De acordo co artigo 57.3 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, as adquisicións de terras por compra deberán ser motivadas pola comunidade veciñal titular no cumprimento dos seus fins, no interese xeral das persoas comuneiras, na defensa dos seus montes e dos seus accesos, no mellor aproveitamento dos recursos ou na mellora ou ampliación do monte veciñal en man común, e requirirá da autorización previa da Administración forestal, que deberá resolver a solicitude de compra no período máximo de tres meses. As terras adquiridas mediante compra serán cualificadas polos respectivos xurados provinciais como montes veciñais en man común e non poderán ser obxecto de permuta por un período mínimo de vinte anos.
En relación con isto, na sesión realizada polo Xurado Provincial o día 18.3.2025, figuran os seguintes acordos:
– MVMC Cervela, pertencente aos veciños da parroquia de Cervela, no concello do Incio. Expediente 133/75.
O 8.5.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Cervela mediante a cal piden autorización para levar a cabo a adquisición de 0,2099 hectáreas de dous predios, correspondentes coas referencias catastrais 27024A002008930000DS e 27024A002014350000DO. Procedemento con número de expediente 2023_24.
Esta compra foi autorizada polo Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo pola Resolución do 12.5.2023.
O 31.8.2024, a comunidade de Cervela presentou a escritura notarial de compravenda das devanditas parcelas.
O 4.11.2024, o Servizo de Montes elaborou unha memoria en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia da incorporación das ditas parcelas no MVMC Cervela, que pasa a ter unha superficie de 304,72 hectáreas.
Esta modificación ten en conta a revisión do esbozo en trámite (2022_314) do MVMC Cervela, pertencente aos veciños de Cervela, no concello do Incio.
En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñal en man común os terreos adquiridos pola comunidade, e efectuar a actualización correspondente no expediente, de conformidade coa memoria técnica elaborada polo Servizo de Montes.
– MVMC Amorín e Carqueixeiras, pertencente aos veciños de Baílle, na parroquia de Suegos, concello de Pol. Expediente 107/80.
O 8.1.2024 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Baílle mediante a que piden autorización para levar a cabo a adquisición de 2.144 metros cadrados en dous predios, correspondentes coas referencias catastrais 27046A12510684 e 27046A12500692 do concello de Pol. Procedemento con número de expediente 2024_1.
Esta compra foi autorizada polo Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo pola Resolución do 15.2.2024.
O 1.4.2024, a comunidade de Baílle presentou a escritura notarial de compravenda das devanditas parcelas.
O 4.11.2024, o Servizo de Montes elaborou unha memoria en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia da incorporación das ditas parcelas no MVMC Amorín e Carqueixeiras, que pasa a ter unha superficie de 72,90 hectáreas.
En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñal en man común os terreos adquiridos pola comunidade, e efectuar as actualizacións correspondentes no expediente, de conformidade coa memoria técnica elaborada polo Servizo de Montes.
– MVMC Corda de Neda, pertencente aos veciños da parroquia de Abeledo, no concello de Abadín. Expediente 112/77.
O 12.4.2024 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Corda de Neda mediante a que piden autorización para levar a cabo a adquisición de dos terreos correspondentes as parcelas catastrais 27001A069005010000FS, 27001A069005020000FZ, 27001A069005030000FU, 27001A069005040000FH e 27001A069005050000FW do concello de Abadín. Procedemento con número de expediente 2024_20.
Esta compra foi autorizada polo Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo pola Resolución do 17.4.2024.
A pesar de que a autorización era referida a todos os terreos solicitados, a comunidade só presenta a compra da parcela 27001A069005050000FW, formalizada en escritura pública do 12.6.2024.
O 4.11.2024, o Servizo de Montes elaborou unha memoria en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia da incorporación da parcela no MVMC Corda de Neda, que pasa a ter unha superficie de 444,33 hectáreas.
En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñal en man común os terreos adquiridos pola comunidade, e efectuar a actualización correspondente no expediente, de conformidade coa memoria técnica elaborada polo Servizo de Montes.
Contra este acordo poderá interpoñerse, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 4 de abril de 2025
Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo
