DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2025 Páx. 22932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0036/2025-TRA e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0036/2025-TRA e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 3 de abril de 2025

A directora territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 13.5.2024, do titular da Consellería do Mar)
Miguel Gómez Losada
Xefe de Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0036/2025-TRA

32671135A

Inicio

R/ Celso Emilio Ferreiro, nº 22, 2º, 5, Ferrol

PSC-FE-0040/2025-PPM

71593496Q

Inicio

R/ Neda, nº 2, 3º esqda., Ferrol

PSC-FE-0069/2025-PPM

54705486D

Inicio

O Portiño, nº 17, baixo, A Coruña

PSC-FE-0076/2025-PPM

47372160A

Inicio

Avenida Fisterra, nº 34, 3º drta., Cee

PSC-FE-0079/2025-PPM

49683301N

Inicio

Rúa Cordelería, nº 10, A Coruña