DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2025 Páx. 22934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Celeiro, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-LU-0034/2024-COP.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-LU-0034/2024-COP.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

Celeiro, 4 de abril de 2025

A directora territorial de Celeiro
P.S. (Resolución do 13.5.2024, do titular da Consellería do Mar)
Nazareth Díaz Rifón
Xefa do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0034/2024-COP

514431954

Resolución

Zona industrial de Penso, lote 16, Melgaço