DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2025 Páx. 22807

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025, da Dirección Xeral da Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se lle dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2).

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 169, do 6 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

Segundo a base I.2.8 da convocatoria, non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence ao mesmo corpo, polo que

DISPOÑO:

Excluír as seguintes persoas do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral que, como consecuencia da Resolución do 28 de novembro de 2024, foron nomeadas como persoal funcionario de carreira:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***1993**

Dos Reis Varela, María Pilar

Libre

44

***2716**

Prego Prado, Yago

Libre

44

***8360**

Sobrado Eiras, Ladislao

Libre

44

***3850**

Varela Ordóñez, Ana

Libre

44

Excluír a seguinte persoa do proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica, que, como consecuencia da Resolución do 12 de febreiro de 2025, foi nomeada persoal funcionario de carreira:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***5252**

Pellón López, María Ángeles

Libre

44

44

Xa pertence ao corpo, escala ou categoría a que se presenta

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal