DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2025 Páx. 22809

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de mantemento, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 14 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG número 108, do 5 de xuño), modificada polas resolucións do 7 de outubro de 2024 (DOG número 199, do 15 de outubro) e do 28 de xaneiro de 2025 (DOG número 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, na escala de persoal subalterno, na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais e na escala de persoal de mantemento, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG número 64, do 31 de marzo, e no DOG número 87, do 8 de maio),

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de mantemento, que se relacionan no anexo desta resolución, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase tamén no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

De acordo co disposto na base IV.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025

José Luis Soto Campos
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: AP (concurso).

Corpo/categoría: agrupación profesional, escala de persoal de mantemento (20D2).

Prazas de acceso libre: 16.

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

1

***5354**

Rodríguez Pérez, José Benito

Libre

89,50

2

***1101**

Molinos Fernández, Juan Jesús

Libre

88,34

3

***5455**

Río Fernández, José Miguel del

Libre

83,50

4

***2156**

Vila Rebolo, Dolores Emilia

Libre

80,28

5

***2247**

Naveira Fuentes, José Luis

Libre

79,50

6

***6793**

García Calviño, Carlos

Libre

76,00

7

***2536**

Álvarez Alonso, José Luis

Libre

74,80

8

***2780**

Gómez Rivera, Víctor Casiano

Libre

71,68

9

***2895**

Fouce López, Manuel

Libre

68,20

10

***5238**

Fernández Maquieira, Manuel

Libre

67,98

11

***9064**

Cao López, María del Mar

Libre

67,54

12

***4413**

Álvarez Ferro, Jaime

Libre

60,62

13

***0491**

Soneira Muíño, Santiago

Libre

55,50

14

***9249**

Novoa Fidalgo, Eladio

Libre

49,50

15

***6621**

Lourido Vilar, José Manuel

Libre

49,10

16

***0491**

Soneira Muíño, Jorge

Libre

46,80