DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2025 Páx. 23294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, no procedemento abreviado 258/2024.

No Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, tramítase o recurso 258/2024 (procedemento abreviado), interposto por Míriam Paz Vázquez, contra a desestimación presunta por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto o 29 de agosto de 2024 fronte á Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 20 de agosto de 2024 (DOG núm 164, do 27 de agosto), pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos