O Pleno da Corporación do Concello de Curtis, na sesión ordinaria do 11 de abril de 2025, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 10 do Plan xeral de ordenación municipal de Curtis no solo urbano, o que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 83 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 200 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia, e sométese o expediente á información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.
Suspéndese o outorgamento de licenzas nos ámbitos do territorio afectados por esta modificación. A duración da suspensión é de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do plan.
Curtis, 14 de abril de 2025
Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde
