DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2025 Páx. 23296

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da convocatoria e das bases para cubrir unha praza de orientador/a laboral, persoal funcionario de carreira, subgrupo A2.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 4 de abril de 2025 adoptouse o seguinte acordo:

Aprobar as bases específicas do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha (1) praza de orientador/a laboral, subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica, do Concello de Lalín.

A convocatoria das bases publicouse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (Boppo) número 70, do 11 de abril de 2025, e publicarase, así mesmo, un anuncio delas no DOG e no BOE.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio referido na base anterior.

As bases íntegras publicaranse na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 11 de abril de 2025

José Crespo Iglesias
Alcalde