DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2025 Páx. 23297

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta de terreos no camiño do Castro, na parroquia de Dorrón, do concello de Sanxenxo.

Mediante a Resolución do 20 de marzo de 2025, a alcaldesa accidental do Concello de Sanxenxo prestou aprobación inicial ao proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta de terreos no camiño do Castro, en Dorrón, elaborado e asinado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Ángel Colsa Lloreda o día 3 de marzo de 2025.

De conformidade co disposto no artigo 118.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por período mínimo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia para que, quen poida resultar interesado, formule as observacións e reclamacións que coide convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

O proxecto inicialmente aprobado estará ao dispor dos interesados na sede electrónica deste concello (http://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo, das 9.00 ás 14.00 horas, previa cita no teléfono 986 72 00 75.

Sanxenxo, 20 de marzo de 2025

Paula Martínez Santos
Alcaldesa accidental