Na sesión que tivo lugar o 10 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 30 de outubro de 2024 (DOG núm. 211, do 31 de outubro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso da categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos.
Como consecuencia da estimación de dous recursos de alzada, este tribunal acorda modificar a dita resolución con relación á puntuación das seguintes persoas aspirantes:
Soto Millares, María, con DNI ***5054**.
Mourín López, Ana Belén, con DNI ***2349**.
Segundo. A puntuación definitiva obtida tras a modificación reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Terceiro. Mediante a Resolución do 14 de novembro de 2024 (DOG núm. 221, do 15 de novembro), este tribunal acordou facer pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos.
Cuarto. A persoa aspirante proposta co número 29, Barcia Aparicio, Marta, con DNI ***2222**, renunciou á praza obtida. Polo tanto, perdeu o seu dereito a adquirir a condición de persoal laboral fixo na categoría 104, intérprete de linguaxe de signos do grupo III.
Segundo a base III.4. da convocatoria, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira ou, de ser o caso, persoal laboral fixo.
Quinto. Como consecuencia da modificación da baremación definitiva e da renuncia da persoa aspirante, este tribunal acorda facer pública como anexo a esta resolución unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos, que modifica a Resolución do 14 de novembro de 2024 (DOG núm. 221, do 15 de novembro).
Sexto. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria, e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, aquelas persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que non estaban incluídas na resolución do punto terceiro disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente. Aquelas persoas aspirantes que xa presentasen a documentación non terán que volver a presentala.
Sétimo. Elevar a dita modificación da relación de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025
Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal
ANEXO
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: grupo III-laboral (concurso).
Corpo/categoría: intérprete de linguaxe de signos.
Prazas acceso libre: 34.
Prazas acceso BASE I.1.1: 0.
|
Núm. orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***3098** |
Sánchez López, Eva María |
Libre |
83,68 |
|
2 |
***0909** |
Martínez Barral, Tareixa |
Libre |
82,04 |
|
3 |
***2080** |
Santos Bordello, Araceli |
Libre |
77,60 |
|
4 |
***5893** |
Cuba Cabrera, Mar |
Libre |
74,24 |
|
5 |
***3367** |
Iglesias Rodríguez, Modesto |
Libre |
74,04 |
|
6 |
***1539** |
Crespo Maside, Susana |
Libre |
73,50 |
|
7 |
***9871** |
Louro Pico, Rosa María |
Libre |
70,50 |
|
8 |
***1497** |
Calviño Melón, Carolina |
Libre |
69,24 |
|
9 |
***4009** |
Fontán Aira, Irene |
Libre |
66,76 |
|
10 |
***6884** |
García Pazos, Lorena María |
Libre |
65,40 |
|
11 |
***0013** |
Quiñoy Jaspe, Patricia |
Libre |
64,82 |
|
12 |
***6132** |
Pardo Martínez, Sonia |
Libre |
64,72 |
|
13 |
***3982** |
Bao Fente, María Concepción |
Libre |
64,62 |
|
14 |
***4398** |
Pardo Vence, María José |
Libre |
63,78 |
|
15 |
***0729** |
Gude Marey, Eva |
Libre |
63,32 |
|
16 |
***3740** |
Flores Vázquez, Montserrat |
Libre |
62,30 |
|
17 |
***9928** |
Bobillo García, Nancy |
Libre |
62,18 |
|
18 |
***0698** |
Pazo Lorenzo, Irene |
Libre |
61,98 |
|
19 |
***3825** |
Rubio Sánchez del Valle, Cristina |
Libre |
61,90 |
|
20 |
***7614** |
Lombardero Fernández, María Luisa |
Libre |
59,44 |
|
21 |
***6760** |
Noguerol Barrenetxea, Nerea |
Libre |
58,12 |
|
22 |
***7002** |
Rey Costas, Beatriz |
Libre |
56,90 |
|
23 |
***5426** |
García Rodríguez, Patricia |
Libre |
55,06 |
|
24 |
***3287** |
Corzo García, María Dolores |
Libre |
54,34 |
|
25 |
***5452** |
Fernández Álvarez, Carolina |
Libre |
53,92 |
|
26 |
***5054** |
Soto Millares, María |
Libre |
48,40 |
|
27 |
***9732** |
Ceán Álvarez, Paula Eva |
Libre |
47,34 |
|
28 |
***7529** |
Navia Rey, Irene |
Libre |
46,60 |
|
29 |
***7940** |
Vázquez Gómez, María Belén |
Libre |
45,80 |
|
30 |
***2349** |
Mourín López, Ana Belén |
Libre |
45,70 |
|
31 |
***4259** |
González Fontenla, Rosa María |
Libre |
44,52 |
|
32 |
***6307** |
Feáns López, María del Carmen |
Libre |
44,10 |
|
33 |
***7606** |
Rivas Veiras, Irene |
Libre |
43,06 |
|
34 |
***1264** |
Pedrosa Maquieira, Beatriz |
Libre |
42,80 |
