DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2025 Páx. 23217

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Unha vez publicada a Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 (DOG núm. 48, do 11 de marzo), e segundo o establecido nas súas bases, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas correspondentes ao proceso que se cita.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión. Para isto, deberán acceder a fides.xunta.gal e realizar as alegacións que consideren oportunas. Só se admitirán as alegacións que se realicen por medio desta aplicación informática.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal