DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2025 Páx. 23394

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Unha vez presentadas as renuncias dun vogal titular e dun vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xaneiro de 2024 (DOG número 20, do 29 de xaneiro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Santiago Valencia Vila como vogal titular e Agustín Pigni Giraudo como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Agustín Pigni Giraudo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, e como vogal suplente a Guillermo José Rodicio Cimadevilla, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal