DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2025 Páx. 23393

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2025, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 10 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de novembro de 2024 (DOG número 220, do 14 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG número 222, do 22 de novembro), unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 5 de marzo de 2025 (DOG número 50, do 13 de marzo), pola que se deu publicidade, entre outros acordos, das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio do proceso selectivo, segundo o establecido na base II.1.1 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas na súa totalidade.

Segundo. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.

Contra o presente acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025

Luis Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal