DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2025 Páx. 23391

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador social, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 8 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2025 (DOG número 22, do 3 de febreiro), modificada pola Resolución do 5 de febreiro de 2025 (DOG número 25, do 6 de febreiro) e pola Resolución do 14 de febreiro de 2025 (DOG número 36, do 21 de febreiro), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador/a social,

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, anular a pregunta da parte xeral número 5 e substituíla pola pregunta de reserva 162; anular as preguntas da parte específica números 127 e 128 e substituílas polas preguntas 163 e 164; anular as preguntas 131 e 144 do suposto práctico 1 e substituílas polas preguntas de reserva 167 e 168; anular a pregunta do segundo suposto práctico 147 e substituíla pola pregunta 169, e anular a pregunta de reserva 161. Acórdase tamén modificar o modelo de corrección de respostas da pregunta 97, ao ser correcta a alternativa b), e da pregunta 126, ao ser correcta a alternativa c). Desestímanse na súa totalidade as restantes alegacións.

Segundo. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna, anular as preguntas da parte específica números 97 e 98 e substituílas polas preguntas 131 e 132; anular as preguntas 101 e 114 do suposto práctico 1 e substituílas polas preguntas de reserva 135 e 136, e anular a pregunta do segundo suposto práctico 117 e substituíla pola pregunta 137. Acórdase tamén modificar o modelo de corrección de respostas da pregunta 67, ao ser correcta a alternativa b), e da pregunta 96, ao ser correcta a alternativa c). Desestímanse na súa totalidade as restantes alegacións.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria e de acordo cos criterios de corrección publicados, superan o primeiro exercicio pola quenda de acceso libre sesenta (60) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos, ao se fixar en 105,5 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria e de acordo cos criterios de corrección publicados, superan o primeiro exercicio pola quenda de promoción interna seis (6) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos, ao se fixar en 52 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

Quinto. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador social, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG número 20, do 29 de xaneiro), no portal web corporativo da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Sexto. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

Laura Fuentes López
Presidenta do tribunal