DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2025 Páx. 23323

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2025 pola que se concede a mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster, impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2023/24.

Con data do 30 de outubro de 2024, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 21 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para a concesión de mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2023/24.

Rematado o prazo para a entrega da documentación necesaria para a tramitación do procedemento establecido no artigo 5 da orde de convocatoria, foron analizadas as solicitudes pola Comisión Avaliadora prevista no artigo 8 da citada orde.

Tendo en conta o anteriormente exposto e atendendo á proposta de resolución da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles a mención de máster universitario excelente da Xunta de Galicia ás titulacións universitarias oficiais de máster, impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2023/2024, que se relacionan no anexo da presente resolución.

Segundo. As universidades responsables dos títulos comprométense a manter os requisitos que deron lugar á obtención da puntuación mínima para acadar a mención de máster universitario excelente da Xunta de Galicia.

Así mesmo, os responsables dos títulos comprométense a incluír as medidas e modificacións necesarias, segundo o procedemento establecido para a modificación de títulos universitarios, derivadas do compromiso de inclusión dun módulo vinculado directamente cunha formación en emprendemento e autoemprego, establecida no artigo 9, epígrafe f).

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as universidades poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO

Titulación

Facultade/escola

Universidade

MU en Dirección e Administración de Empresas

Facultade de Economía e Empresa

Universidade da Coruña

MU en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable

Facultade de Física

Universidade de Santiago de Compostela