No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 50, do 14 de marzo de 2025, publicáronse as bases de selección dunha praza de técnico/a da Administración xeral, subescala técnica, grupo A1, mediante o sistema de oposición.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica do concello: https://sede.cabana.gal/sxc/es/informacion/
Cabana de Bergantiños, 31 de marzo de 2025
José Muíño Domínguez
Alcalde
