DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2025 Páx. 23497

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público do ano 2025.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello, do 3 de abril de 2025, aprobouse a oferta de emprego público correspondente á praza que a continuación se describe para o ano 2025.

Funcionarios de carreira.

Administración xeral.

Grupo

Subgrupo

Xornada

Nº de vacantes

Denominación

Sistema de provisión

C

C1

Completa 

1

Administrativo de Admón. xeral 

Concurso-oposición 

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía do Concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se poida considerar máis conveniente ao seu dereito.

San Cibrao das Viñas, 15 de abril de 2025

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa