O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión do día 14 de xuño de 2022, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:
Concello: Salceda de Caselas.
Parroquia: Entenza.
Nome do monte: monte Castelo.
Cabida: 8.224 m² (superficie alegada na solicitude).
Estremas:
|
Lindeiros |
|
|
Norte |
Floreal Núñez Martínez Generosa Núñez Martínez Segismundo Caballero Durán Cristalina Martínez Fernández Manuel Vaquero Pérez |
|
Sur |
Camiño público José Luis Soage Villanueva Luis Manuel Soage Sas |
|
Leste |
Ángel Olegario Álvarez Núñez José Luis Soage Villanueva Luis Manuel Soage Sas |
|
Oeste |
Francisco Requejo Rodríguez Enrique Barbeito Cabaleiro |
O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992 do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Pontevedra, 1 de abril de 2025
Xesús Santaló Ríos
Instrutor
