En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 17 de febreiro de 2025, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Carvelo, Moiras, Portiño de Moiras e Filgueirosa, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Penavaqueira, no concello de Melón, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. O 10 de agosto de 2022 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da CMVMC de Penavaqueira, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Ampliación de Carvelo, Moiras, Portiño de Moiras e Filgueirosa, no concello de Melón.
Segundo. O 23 de outubro de 2023, o Xurado Provincial acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. Durante a tramitación do procedemento varios veciños presentaron escritos de alegacións contra o acordo de inicio da clasificación, en que manifestan que a parcela con referencia catastral 32047A02900343 é da súa titularidade e, polo tanto, non pode incluírse no expediente de clasificación.
Por outro lado, outra particular reclama a titularidade da parcela con referencia catastral 32047A02200191, polo que solicita a súa exclusión da clasificación.
Os representantes veciñais manifestaron, na reunión do día 17 de febreiro de 2025, a súa conformidade coa exclusión das citadas parcelas, polo que o Xurado acordou non incluílas no acordo final de clasificación.
O Xurado acordou a clasificación do monte, unha vez publicado polo concello o edicto do inicio da clasificación como monte veciñal en man común polo período dun mes sen que se presentasen alegacións, publicado tamén o edicto no DOG e recibida a certificación do Rexistro da Propiedade.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:
Nome do monte: ampliación de Carvelo, Moiras, Portiño de Moiras e Filgueirosa.
Superficie: 57,27 ha.
Pertenza: CMVMC de Penavaqueira.
Parroquia: Melón (Santa María).
Concello: Melón.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio 1:
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas referencias catastrais 32047A02209004, 32047A02209008 e 32047A02209009.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32047A02200272 32047A02200300 32047A02200371 32047A02200373 32047A02200374 32047A02200375 32047A02200512 32047A02200516 32047A02200597 32047A02200608 32047A02200803 32047A02200804 32047A02200941 32047A02200942 32047A02200945 32047A02200949 32047A02200965 32047A02200966 32047A02200968 (parte) 32047A02200971 32047A02200972 32047A02200990 32047A02200991 32047A02200992 32047A02200994 |
Norte |
32047A02200265 32047A02200268 32047A02109003 |
|
Leste |
32047A02109003 32070A05900065 |
|
|
Sur |
32047A02209009 32047A02200938 32047A02200937 32047A02200939 32047A02200940 32047A02209004 32047A02200934 32047A02200944 32047A02200943 32047A02200946 32047A02200948 32047A02200922 32047A02200431 32047A02200430 32047A02200368 32047A02200369 32047A02200271 32047A02200370 32047A02200367 32047A02200366 32047A02200363 32047A02200356 |
|
|
32047A02200344 32047A02200334 32047A02200333 32047A02200328 32047A02200465 32047A02200416 32047A02200410 32047A02200088 32047A02200087 32047A02200517 32047A02200611 32047A02200514 32047A02200515 32047A02200609 32047A02200511 32047A02200604 32047A02200640 32047A02200643 32047A02200642 32047A02200638 32047A02200639 32047A02200976 32047A02200636 32047A02200635 32047A02200630 32047A02200631 32047A02200463 32047A02200376 32047A02200378 32047A02200372 32047A02200979 32047A02200327 32047A02200326 32047A02200325 32047A02200047 32047A02200315 32047A02200314 32047A02200312 32047A02200305 32047A02200308 32047A02200309 32047A02200307 32047A02200040 32047A02200048 32047A02200060 32047A02200061 32047A02200062 32047A02200065 32047A02200076 32047A02200075 32047A02200077 32047A02200414 |
||
|
32047A02200415 32047A02200633 32047A02200623 32047A02200598 32047A02200599 32047A02200596 32047A02200592 32047A02200582 32047A02200581 32047A02200659 32047A02200658 32047A02200657 32047A02200656 32047A02200691 32047A02200978 32047A02200964 32047A02200689 32047A02200968 (resto) 32047A02209008 32047A02200285 32047A02200283 32047A02200282 32047A02200281 |
||
|
Oeste |
32047A02209008 32047A02200192 32047A02200257 32047A02200258 32047A02200259 32047A02200260 32047A02209002 32047A02200261 |
|
|
Enclavados |
32047A02200094 32047A02200304 32047A02200417 32047A02200418 32047A02200419 32047A02200641 32047A02200645 32047A02200646 32047A02200647 32047A02200648 32047A02200649 32047A02200650 32047A02200651 32047A02200652 32047A02200653 32047A02200654 32047A02200655 |
|
Predio 2:
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas referencias catastrais 32047A02209003, 32047A02209005 e 32047A02209007.
|
Parcelas obxecto |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32047A02200190 32047A02200201 32047A02900228 32047A02900229 |
Norte |
32047A02200274 32047A02200244 32047A02200248 32047A02200197 32047A02200198 32047A02200199 32047A02200249 32047A02200241 32047A02200246 32047A02200239 32047A02200273 32047A02200237 32047A02200236 32047A02200279 32047A02200235 32047A02209005 |
|
Leste |
32047A02209005 |
|
|
Sur |
32047A02909004 32047A02900204 32047A02900205 32047A02900206 32047A02209005 32047A02900213 32047A02900208 32047A02900191 |
|
|
Oeste |
32047A02900215 32047A02909003 32047A02209005 32047A02200189 32047A02200191 32047A02200296 32047A02200256 32047A02209007 |
|
Predio 3:
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes á parcela coa referencia catastral 32047A02909005.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32047A02900231 32047A02900320 32047A02900321 32047A02900322 32047A02900323 32047A02900324 32047A02900325 32047A02900326 |
Norte |
32047A02900172 32047A02900178 32047A02900220 32047A02900166 32047A02900183 32047A02900217 32047A02900189 32047A02909005 |
|
Leste |
32047A02900291 32047A02900292 32047A02900300 32047A02900331 32047A02900315 32047A02900302 32047A02900303 32047A02900304 32047A02900311 32047A02900312 32047A02900313 32047A02900314 32047A02900272 32047A02900271 32047A02900269 32047A02900270 32047A02900268 32047A02900265 32047A02900266 32047A02900264 32047A02900258 32047A02900257 32047A02900256 32047A02900255 32047A02900254 32047A02900238 |
|
|
Sur |
32047A02909005 |
|
|
Oeste |
32047A02909001 |
|
|
Enclavados |
32047A02900293 32047A02900294 32047A02900295 32047A02900296 32047A02900297 32047A02900298 32047A02900299 |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común está acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ampliación de Carvelo, Moiras, Portiño de Moiras e Filgueirosa, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Penavaqueira, no concello de Melón, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 7 de abril de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
