BDNS (Identif.): 825192.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/825192
Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes
Tendo en conta o establecido no artigo 37 do Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, o prazo de presentación iníciase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finaliza o 29 de abril de 2025.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
