DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2025 Páx. 23632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 8 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 17 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo para a ordenación urbanística da contorna das rúas Fuensanta Rodríguez, Fonte de Ramos, Artesáns e Carlos Casas (expediente 2025AAE2966).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, formulado o 7 de abril de 2025, sobre a modificación puntual núm. 17 do PXOM de Sanxenxo para a ordenación urbanística da contorna das rúas Fuensanta Rodríguez, Fonte de Ramos, Artesáns e Carlos Casas.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE2966).

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade