DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2025 Páx. 23647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2024/047-1).

Expediente: IN407A 2024/047-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: LMTS, CS e CT móbil en subestación Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O día 5.2.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de dar soporte aos cortes programados na rede eléctrica de distribución, proxéctase un centro de transformación prefabricado móbil que terá o seu estacionamento na subestación Santiago (SNT), e a instalación na dita subestación dun centro de seccionamento prefabricado, unha liña soterrada de media tensión que se conectará a este último coa liña de distribución de media tensión SNT823, e unha liña soterrada de media tensión que conectará ambos os dous centros.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado MTS, CS e CT móbil en subestación Santiago, asinado o día 5.12.2023 por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, con número de colexiado 2.233.

• Anexo I, asinado o día 23.8.2024 por Antonio Javier Sabín Vázquez.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Santiago de Compostela. No día desta resolución, non consta no expediente resposta do Concello á solicitude de informe.

4. O día 18.3.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no concello de Santiago de Compostela e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 2×22 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2 OL(S)-12/20 kV 3 (1×240) mm2 Al, con orixe e remate nos empalmes que se van realizar na LMT SNT823, facendo E/S no CS proxectado. Canalización en gabia de dimensións de 0,40 metros de ancho e de 1,20 metros de profundidade en tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro e instalación doutros dous tubos de iguais características a modo de reserva.

– LMTS a 20 kV, de 15 m, condutor tipo RHZ1-2 OL(S)-12/20 kV 3 (1×240) mm2 Al, con orixe na cela nº 3 do CS proxectado e remate no CT móbil proxectado. Canalización en gabia de dimensións de 0,40 metros de ancho e de 1,00 metros de profundidade en tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro e instalación doutro tubo de iguais características a modo de reserva.

– CT móbil compacto prefabricado en envolvente metálica telecontrolado, cunha potencia de 630 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P GSM/GPRS/FO.

– CS compacto prefabricado en envolvente de formigón, en configuración 3L 2TC GSM/GPRS/FO +TT.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de dar audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 25 de marzo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña