En cumprimento do disposto no artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial; no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais; no Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada co proxecto que se detalla a continuación.
1. Antecedentes.
1. O 2.9.2024, o proxecto dunha planta de fabricación de hidróxeno verde en Arteixo (A Coruña), promovido por Accionaplug, S.L. foi declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) por acordo do Consello da Xunta de Galicia, ao abeiro do establecido no Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.
2. O 18.3.2025, o promotor presentou a documentación exixida pola normativa aplicable. Unha vez completa a documentación e de acordo co artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, a Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Consellería de Economía e Industria continúa coa tramitación do expediente e somete a información pública o proxecto dunha planta de fabricación de hidróxeno verde en Arteixo (A Coruña).
2. Datos do proxecto.
• Solicitante/promotor: Accionaplug, S.L.
• NIF: B16956161.
• Domicilio social: avenida Gran Vía de Hortaleza, 1, 28033 Madrid.
• Denominación do proxecto: implantación dunha planta de fabricación de hidróxeno verde.
• Concello afectado pola industria: Arteixo (A Coruña).
• Situación da industria: parque de actividades económicas de Arteixo (Acteca).
• Actividade CNAE: 2011-Fabricación de gases industriais.
• Categoría principal da actividade: categoría 4.2.a) do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación. Adicionalmente, a actividade tamén se encontra incluída no anexo II, grupo 6.i), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
• Descrición do proxecto: construción dunha planta de produción de hidróxeno renovable. Contará cun electrolizador de 20 MW de capacidade que lle permitirá acadar unha produción anual máxima de 2.990 t/ano de H2 verde. A enerxía que se utilizará como materia prima será de orixe renovable procedente de PPA con certificado de garantía de orixe.
• Investimento: 49.290.720 €.
• Principais instalacións da planta:
– Sistema de captación de auga.
– Sistema de almacenamento de auga bruta.
– Electrolizador composto por catro módulos de 5 MW de capacidade cada un, incluíndo os sistemas auxiliares de purificación de hidróxeno e sistema de refrixeración do electrolizador.
– Sistema de compresión de hidróxeno.
– Sistema de almacenamento de hidróxeno.
– Baía de enchedura dos tube trailers.
– Sistema de xestión de efluentes.
– Sistemas auxiliares de xeración de aire de planta/instrumentos e nitróxeno para inertización.
– Compresores de refrixeración (sistema pechado).
– Sistema de HVAC.
– Sistema de protección contra incendios.
– Subestación eléctrica de planta.
– Edificio eléctrico de subestación.
– Edificio eléctrico da planta de hidróxeno.
– Grupo de emerxencia.
– Edificio de control.
– Almacén e servizos auxiliares.
– Caseta de control de accesos.
– Sistema de alimentación eléctrica de emerxencia.
– Aparcadoiro.
a) Sistema de captación de auga.
A auga de fornecemento ao electrolizador obterase da rede de subministración de auga potable de Arteixo, nun dos puntos de abastecemento dispoñibles dentro do parque de actividades económicas de Arteixo.
O sistema de electrólise aliméntase directamente con auga potable mediante bombeo desde o tanque de auga potable e PCI. A auga é osmotizada e desmineralizada ata acadar a condición de auga ultrapura, nun módulo de pretratamento de auga que garante a pureza da auga que chega ao electrolizador.
O consumo de auga potable para os catro módulos de electrólise é de 5.200 kg/h. O consumo de auga anual estímase en 47.407 m3/ano.
|
Usos da auga |
Descrición |
Caudal |
|
|
m3/h |
m3/ano |
||
|
Materia prima |
Consumo de auga para electrólise |
5,2 |
43.726,8 |
|
Usos sanitarios |
Consumo de auga para consumo humano |
Descontinuo |
77 |
|
Auxiliar |
Auga de fornecemento (spray) para arrefriamento adiabática |
2,1 |
3.528 |
|
Outros |
Augas de baldeos e limpezas con posibles arrastres de hidrocarburos |
Descontinuo |
75 |
|
Total |
47.407,00 |
||
b) Subestación eléctrica da planta.
A nova subestación que se instalará na planta de produción de hidróxeno adecuará o nivel de tensión da rede, 66 kV, ao nivel de media tensión, 30 kV, necesario.
O transformador de potencia terá unha relación de 66/30 kV e unha potencia de 35 MVA. A conexión á rede realizarase a través dunha liña soterrada conectada á SET Morás, propiedade de Unión Fenosa Distribución.
O consumo eléctrico previsto para a obtención das 2.990 t/ano de hidróxeno estímase nuns 180-200 GWh/ano, considerando tanto o consumo do electrolizador coma dos auxiliares e unha dispoñibilidade anual do 96 %.
c) Sistema de xestión de efluentes.
A planta de hidróxeno verde contará con redes separativas, diferenciando entre os efluentes de proceso, as augas sanitarias e as augas pluviais:
• Efluentes de proceso:
– Efluente xerado polo rexeitamento procedente dos electrolizadores.
– Baldeos de zonas con presenza de lubricantes.
• Augas pluviais:
– Augas pluviais limpas.
– Augas pluviais potencialmente contaminadas.
• Augas sanitarias.
Os efluentes que proveñan de áreas con presenza de lubricantes e as augas pluviais potencialmente contaminadas serán tratados in situ nun separador de hidrocarburos. Posteriormente dirixiranse a unha arqueta de paso. O efluente rexeitado do electrolizador e as augas sanitarias irán ao mesmo cofre.
Desde a arqueta de paso, os efluentes canalizaranse ata a rede de augas residuais do predio, con destino final na EDAR de Bens.
As pluviais limpas derívanse ao sistema de drenaxe de pluviais do polígono, con destino ao río Seixedo.
3. Obxecto da información pública:
O proxecto industrial estratéxico (PIE) denominado planta de produción de hidróxeno renovable de Accionaplug, S.L., e a solicitude da autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA), para os efectos das autorizacións administrativas que procedan. Todo o anterior de forma conxunta en virtude do disposto no artigo 79.4. do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro.
Documentación que se expón:
• Proxecto básico AAI.
• Proxecto técnico H2V Arteixo.
• Estudo de impacto ambiental proxecto H2V Arteixo.
– Anexo I: estudo acústico.
– Anexo II: estudo de impacto e integración paisaxística.
– Referencias bibliográficas.
O que se fai público, de conformidade co artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).
A dita documentación poderá consultarse no portal web da Consellería de Economía e Industria, a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/proxectos-industriais-estratexicos
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2025
Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
