A presidencia de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada a Granos del Noroeste, S.A., no porto de Ribadeo con destino a almacén para depósito de mercadorías número 2 (expediente 14-01-93-C-2), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o procedemento xenérico PR004A, e preferentemente por vía electrónica se se trata dun suxeito non obrigado.
O prazo para presentar alegacións en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal>Comunicacións e avisos>Procesos de información pública.
Lugo, 17 de marzo de 2025
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia
