DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2025 Páx. 23879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 17 de marzo de 2025, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Granos del Noroeste, S.A. para a modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada no porto de Ribadeo con destino a almacén para depósito de mercadorías número 3 (expediente 14-01-00-C-1).

A Presidencia de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada a Granos del Noroeste, S.A. no porto de Ribadeo con destino a almacén para depósito de mercadorías número 3 (expediente 14-01-00-C-1), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia empregando o procedemento xenérico PR004A, e preferentemente por vía electrónica se se trata dun suxeito non obrigado.

O prazo para presentar alegacións en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal>Comunicacións e avisos>Procesos de información pública.

Lugo, 17 de marzo de 2025

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia