DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2025 Páx. 23882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso–administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, no procedemento abreviado 112/2025.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Vigo, tramítase o recurso 112/2025 (procedemento abreviado), interposto por Ana Albertuz Carneiro, contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 6 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 15 de marzo de 2022, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 225, do 21 de novembro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos