Ás 12.30 horas do día 10 de xuño de 2025, na Sala de Comisións número 1 do Edificio Administrativo da Reitoría, rúa Mestranza, 9, A Coruña, terá lugar a poxa pública, á alza e con presentación de ofertas de viva voz, da antiga Escola Universitaria Politécnica de Ferrol, situada na avenida 19 de Febreiro, s/n, Ferrol 15405, A Coruña, cuxo alleamento acordou o Consello Social da Universidade da Coruña con data do 13 de marzo de 2025.
Datos xerais do procedemento:
1. Órgano que realiza a poxa: Xerencia da Universidade da Coruña (UDC).
2. Forma e prazo para a presentación da solicitude de participación:
A presentación da solicitude de participación e documentación anexa poderá realizarse anticipadamente ata o día 23 de maio de 2025 ou ben in situ ante a mesa da poxa o día da súa realización, aínda que neste último caso non se outorgará un prazo para emendar as deficiencias que se puidesen advertir.
A presentación anticipada da documentación realizarase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, dirixida á Xerencia, ben de forma presencial no Edificio Administrativo da Reitoría, rúa Mestranza, 9, 15001 A Coruña, durante o horario de apertura, ou de forma telemática no rexistro da sede electrónica da UDC (https://sede.udc.gal/). A presentación tamén poderá realizarse por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A presentación de documentación administrativa realizarase conforme o previsto na condición 8 do prego de condicións de poxa pública para o alleamento de inmobles de propiedade da UDC, que pode consultarse no taboleiro electrónico da UDC (https://sede.udc.gal/services/electronic_board).
3. Tipo de licitación: 7.492.822,55 €.
4. Lugar de consulta do prego de condicións:
Taboleiro electrónico da UDC (https://sede.udc.gal/services/electronic_board).
Para máis información: secretaria.xerencia@udc.gal
5. Prazo para solicitar unha visita ao inmoble:
A solicitude para visitar o inmoble deberá remitirse antes do 15 de maio ás 14.00 horas a secretaria.xerencia@udc.gal
6. Descrición do ben obxecto de poxa:
Antiga Escola Universitaria Politécnica de Ferrol.
Referencia catastral: 1167603NJ6116N0001EZ.
Localización: avenida 19 de Febreiro, s/n, 15405 Ferrol, A Coruña.
Superficie construída: 6.898 m2 (planta soto e 3 plantas sobre rasante).
Superficie do terreo: 10.733 m2.
Datos rexistrais:
Propiedade rexistral nº 20957.0, inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol.
Tomo 2435, libro 998, folio 113, inscrición/anotación 2p.
Lindes:
Norte: camiño.
Sur: Escola Náutico-Pesqueira.
Leste: avenida 19 de Febreiro.
Oeste: terreo e casa da Universidade da Coruña.
Valor da taxación: 7.492.822,55 €.
7. Garantía:
Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme o previsto na condición 6 do prego.
8. Gastos
Serán por conta da persoa adxudicataria os gastos dos anuncios e os restantes previstos nos pregos.
A Coruña, 21 de abril de 2025
Ricardo José Cao Abad
Reitor da Universidade da Coruña
