DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2025 Páx. 23833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 8 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Cementos Tudela Veguín, S.A.U., para a planta de moenda de cemento no concello de Narón (A Coruña). Expediente 2024-IPPC-M-67.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de moenda de cemento

Procedementos: revisión para a adaptación á Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular

Titular: Cementos Tudela Veguín, S.A.U.

Expediente: 2024-IPPC-M-67

Localización: concello de Narón (A Coruña)

Núm. rexistro AAI: 2017-IPPC-84-315

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade