DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2025 Páx. 23830

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2025 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local (código de procedemento PR461A), convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 41, do 28 de febreiro), e se anuncian a data e o lugar de realización das primeiras probas do proceso.

No Diario Oficial de Galicia número 41, do 28 de febreiro de 2025, publicouse a Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local.

O 31 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia número 62 a Resolución do 21 de marzo pola que se aprobaron as relacións provisionais de persoas excluídas ao proceso, e se publicaron na páxina web da Agasp as relacións provisionais de persoas admitidas, así como a relación da totalidade dos aspirantes con indicación da exención ou non da proba de coñecementos de lingua galega, concedendo un prazo de dez (10) días hábiles para emendas.

Finalizado o prazo de emenda, e de acordo co expresado na devandita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso unitario para a cobertura de postos de auxiliares de policía local convocados pola Orde do 25 de febreiro de 2025 (DOG núm. 41, do 28 de febreiro).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, https://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A listaxe definitiva de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, https://agasp.xunta.gal

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

Segundo. Convocar as persoas admitidas para a realización da primeira e segunda proba do proceso que terán lugar o día 2 de maio de 2025 no pavillón número 2 do Recinto Feiral de Silleda. O chamamento para a primeira proba comezará ás 16.00 horas. As persoas aspirantes non poderán acceder ao recinto con ningún dispositivo electrónico. A súa simple pertenza dentro do recinto determinará a exclusión da persoa aspirante do proceso.

A primeira proba do proceso consiste en contestar por escrito un cuestionario de 50 preguntas tipo test máis 5 de reserva cuxo contido vén determinado no temario recollido no anexo III da convocatoria. Esta proba terá unha duración máxima dunha hora. Unha vez que remate a proba, as persoas aspirantes poden entregar o seu exercicio. Para iso deben levantar a man e agardar a que un dos membros colaboradores do tribunal recolla o exame e lle indique que pode abandonar o recinto.

Unha vez rematada a primeira proba, efectuarase un segundo chamamento na porta número 1 para aqueles aspirantes que non acreditasen a exención da proba de idioma galego. A segunda proba, de coñecemento da lingua galega, consiste na tradución dun texto do castelán ao galego e outro do galego ao castelán e terá unha duración máxima dunha hora. Unha vez rematada a segunda proba poderán entregar o seu exercicio. Para iso deben levantar a man e agardar a que un dos membros colaboradores do tribunal recolla o exame e lle indique que pode abandonar o recinto.

As persoas convocadas deberán ir provistas de:

1. DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.

2. Bolígrafo negro ou azul, tipo clásico.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 15 de abril de 2025

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas

NIF

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Motivo da exclusión (código)

***1340**

Álvarez

Goyanes

Manuel Pablo

3

***5071**

Arcila

Pimentel

Marines Ofelia

3, 4

***3473**

Calvo

Muñiz

Raúl

4

***7596**

Cernadas

Amoedo

Óscar

2

***8360**

Cobas

Télez

Ana

4

***9073**

Costas

Salgueiro

Verónica

1, 2, 3, 4

***4051**

Díaz

Barrientos

Olaia

4

***2770**

Fernández

Varela

Eloy

4

***7008**

Miranda

Castaño

Beatriz

4

***7430**

Miranda

De Paz

Roi

3

***5003**

Ortiz

Solsona

Ana

4

***2723**

Outón

Outeda

David

2

***4807**

Pérez

Castro

Alberto

3

***6299**

Quinte

Pérez

Javier

4

***9097**

Rodríguez

Otero

David

2

***5293**

Rodríguez

Pérez

Marta

4

***4366**

Sánchez

Pazos

Elder

4

***8337**

Steil

Bastos

Victoria Caroline

3

***0092**

Vidal

Bello

Manuel

4

***8718**

Viturro

Da Silva

Débora María

4

Motivo da exclusión:

Código

Descrición

1

Solicitude incompleta ou incorrectamente cuberta ou fóra de prazo.

2

Non foi posible consultar a inexistencia de antecedentes penais, ou a documentación achegada é incorrecta.

3

Non ten ou non foi posible consultar a titulación académica requirida.

4

Non presenta xustificante do aboamento da taxa ou xustificante de aboamento da taxa incorrecto, incompleto ou redución da taxa non xustificada.