Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Nova saída LMT do CS Xesta a derivación Currelos, no concello de A Laracha (expediente IN407A 2022/307-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (con cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitaren a remisión dos devanditos documentos ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 9 de abril de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Predio nº |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
|
15 |
15042B50102044 |
Descoñecida |
