DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2025 Páx. 23744

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 11 de abril de 2025 de concesión de subvencións ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS320A).

No Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2025, publícase a Orde do 19 de decembro de 2024, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, coas bases reguladoras das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e a convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS320A).

De conformidade co artigo 14 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 15 da mesma orde, establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Tras a instrución do procedemento, con data do 11 de abril de 2025 o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento de concesión das subvencións do programa Servizo de voluntariado xuvenil.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 11 de abril de 2025, para o procedemento BS320A, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 11 de abril de 2025 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Resolución do 11 de abril de 2025, ditada no procedemento BS320A, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil

Con data do 15 de xaneiro de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 9 a Orde do 19 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS320A).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Finalizado o prazo, unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Con data do 11 de marzo de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas, con indicación expresa ás entidades solicitantes de que son requiridas para que, no prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria, con indicación de que, se así non o fixeren, se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Finalizado o prazo, logo de analizar a documentación, con data do 3 de abril de 2025 e de acordo co disposto nos artigos 12, 13 e 14 da dita orde de convocatoria, reuniuse a comisión avaliadora para analizar as solicitudes de axuda e valorar os proxectos presentados polas entidades de acción voluntaria e as entidades locais, así como para elaborar o correspondente informe no cal figuran as entidades con proxectos valorados.

Emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, emite, de conformidade co disposto no artigo 14 da orde de convocatoria, a proposta de resolución con data do 4 de abril de 2025.

Vista a proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 14 da Orde do 19 de decembro de 2024,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 73.080,00 €, para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0.

Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 120.910,00 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0.

Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.

Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 19 de decembro de 2024 e, especialmente, ás establecidas no artigo 20.

A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 17 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.

Cuarto. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación.

Quinto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Artigo 14 e disposición adicional terceira da Orde do 19.12.2024). Lara del Carmen Meneses Álvarez. Directora xeral de Xuventude.

ANEXO I

Axudas concedidas a entidades locais

Concesións conxuntas.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2025/029

Concello de Vedra

P1509000D

A Coruña

61,00

12.000,00 €

Total

12.000,00 €

Concesións individuais.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2025/023

Concello de Padrón

P1506600D

A Coruña

67,56

3.000,00 €

2

2025/032

Concello da Laracha

P1504200E

A Coruña

64,06

4.800,00 €

3

2025/024

Concello de Lousame

P1504300C

A Coruña

58,73

4.800,00 €

4

2025/012

Concello de Mesía

P1504800B

A Coruña

52,30

2.400,00 €

5

2025/033

Concello de Xove

P2702500F

Lugo

62,02

2.000,00 €

6

2025/013

Concello de Quiroga

P2705000D

Lugo

52,00

4.800,00 €

7

2025/022

Concello de Cervo

P2701300B

Lugo

50,86

4.800,00 €

8

2025/009

Concello de Ribas de Sil

P2705200J

Lugo

50,75

4.800,00 €

9

2025/028

Concello da Veiga

P3208400F

Ourense

57,25

2.400,00 €

10

2025/004

Concello de Muíños

P3205200C

Ourense

57,00

4.800,00 €

11

2025/014

Concello de Ribadavia

P3207000E

Ourense

54,00

4.800,00 €

12

2025/048

Concello de Verín

P3208600A

Ourense

51,00

4.800,00 €

13

2025/035

Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

Pontevedra

68,95

4.800,00 €

14

2025/054

Concello de Mos

P3603300I

Pontevedra

52,25

4.800,00 €

15

2025/044

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

Pontevedra

50,00

3.280,00 €

Total

61.080,00 €

ANEXO II

Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2025/051

Fundación Abrente

G70397849

A Coruña

77,96

4.800,00 €

2

2025/052

Club Deportivo Inclusivo Enki

G70505276

A Coruña

76,27

3.800,00 €

3

2025/037

Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental

G15983570

A Coruña

67,75

4.800,00 €

4

2025/041

Asociación Altair Galiza

G27439124

A Coruña

67,75

4.800,00 €

5

2025/034

Asociación Centro Xuvenil Don Bosco

G15071566

A Coruña

67,18

2.400,00 €

6

2025/002

Asociación Medioambiental Amabul

G15925209

A Coruña

65,71

4.800,00 €

7

2025/055

Asociación Ecos do Sur

G15354483

A Coruña

64,67

2.400,00 €

8

2025/010

Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia, Amicos

G15747678

A Coruña

61,19

4.800,00 €

9

2025/040

Acción Familiar Ferrol

G15745466

A Coruña

60,64

4.110,00 €

10

2025/057

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

A Coruña

60,10

4.800,00 €

11

2025/015

Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual, ASPAS

G15031537

A Coruña

59,86

4.800,00 €

12

2025/008

Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

A Coruña

57,44

4.800,00 €

13

2025/007

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

A Coruña

56,00

4.800,00 €

14

2025/019

Feafes Galicia, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia

G15545353

A Coruña

56,00

600,00 €

15

2025/036

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

A Coruña

52,40

4.800,00 €

16

2025/011

ONG Mestura, para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes

G15940414

A Coruña

52,25

4.800,00 €

17

2025/027

Asociación Centro Xuvenil Abeiro

G15456700

A Coruña

52,25

2.400,00 €

18

2025/046

Asociación Aliad-Ultreia

G27021120

Lugo

69,55

3.700,00 €

19

2025/042

Asociación Juvenil y Cultural Ateibo

G27013309

Lugo

61,78

1.800,00 €

20

2025/043

Asociación Grupo Scout Ilex

G32466187

Ourense

69,75

4.800,00 €

21

2025/005

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca de A Limia

G32302671

Ourense

63,50

4.800,00 €

22

2025/050

Asociación Amigas da Terra

G32242422

Ourense

63,11

4.800,00 €

23

2025/003

Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

G32345274

Ourense

62,00

4.800,00 €

24

2025/047

Asociación Sustinea

G32422834

Ourense

57,50

3.600,00 €

25

2025/053

Valoresc Innovation

G70377585

Ourense

56,25

4.800,00 €

26

2025/001

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

Ourense

55,00

4.320,00 €

27

2025/018

Asociación Cultural, Social, Deportiva, Lúdica, Ecolóxica, da Muller, de Inclusión, do Rural, Vive Vilariño

G32504508

Ourense

52,75

4.800,00 €

28

2025/021

Asociación del Centro de Desarrollo Rural O Viso

G32122376

Ourense

52,55

1.060,00 €

29

2025/006

Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal

G27727593

Pontevedra

61,35

4.800,00 €

30

2025/030

APAMP, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral

G36624120

Pontevedra

61,25

3.120,00 €

31

2025/017

Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra. Cogami-Pontevedra

G36704195

Pontevedra

59,50

1.200,00 €

Total

120.910,00 €

ANEXO III

Solicitudes denegadas

Denegadas entidades locais.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Motivo da denegación

1

2025/056

Concello de Ponteceso

P1506900H

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

Denegadas entidades de acción voluntaria.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Motivo da denegación

1

2025/031

Fundación Ingada

G70394374

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

2

2025/059

Asociación Antonio Noche

G15210388

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

3

2025/045

Asociación Galega de Familias de Acollida Acougo

G70605530

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

4

2025/016

Federación ASDE-Scouts de Galicia-Exploradores de Galicia

G70305008

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

5

2025/025

Asociación Sobre Rodas

G70224514

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

6

2025/049

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

7

2025/058

Asociación Tempus, de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer

G15681000

A Coruña

Desistencia

8

2025/026

Club Piragüismo Cidade de Lugo

G27107176

Lugo

Non alcanzar a puntuación requirida

9

2025/020

Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares

G36617082

Pontevedra

Non alcanzar a puntuación requirida

10

2025/038

Asociación Xuvenil Cultural Staccato

G36592582

Pontevedra

Entidade non inscrita no RAV

11

2025/039

Asociación O Son do Pobo

G94017704

Pontevedra

Non alcanzar a puntuación requirida