María Consuelo Barros Casal, con DNI ***0411**, e actuando como presidenta da Comunidade de Usuarios de Santradán-Ubeira, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 18 de maio de 2025, no campo de fútbol de San Adrián (Vilaboa), ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:
1. Lectura da acta anterior.
2. Presentación de débedas.
3. Listaxe de debedores 2024.
4. Solicitude de subvencións.
5. Entrega de novos estatutos.
6. Presentación da nova directiva.
7. Rogos e preguntas.
Vilaboa, 26 de febreiro de 2025
María Consuelo Barros Casal
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Santradán-Ubeira
