As bases reguladoras da oposición para a constitución da lista de reserva para a provisión interina do posto de intervención do Concello do Porriño, núm. 02.00.00.01 da relación de postos de traballo, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala de intervención-tesouraría, integrado no grupo A, subgrupo A1, publicaranse integramente no taboleiro da sede electrónica e no taboleiro físico de edictos do Concello do Porriño, e de forma complementaria na páxina web municipal www.oporrino.org, o día no que se publique este anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O Porriño, 21 de marzo de 2025
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde
