DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2025 Páx. 23890

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para cubrir, por persoal funcionario de carreira, tres prazas de auxiliar administrativo/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 46, do 10 de marzo de 2025, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, tres (3) prazas de auxiliar administrativo/a, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2, vacantes no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Logo da publicación antedita, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 2 de abril de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal