No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 246, do 23 de decembro de 2024, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, de catro prazas de persoal peón.
A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte (20) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
O que se fai público para coñecemento xeral.
Ferrol, 19 de marzo de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 11.12.2023;
BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda,
Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística
