DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2025 Páx. 23886

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso dunhas parcelas situadas no polígono da Uceira, O Carballiño, con referencia catastral 7491707 NG7979S 0001 AL, 7491715 NG7979S 0001 PL, 7491716 NG7979S 0001 LL.

O Pleno do Concello do Carballiño, na sesión ordinaria que tivo lugar o 6 de marzo de 2025, adoptou, entre outros, e por maioría absoluta, o seguinte acordo:

«6. Expediente 524/2025. Expediente 524/2024. Proposta de cambio de uso de parcelas (zona verde a dotacional deportivo) no futuro complexo deportivo da Uceira, no polígono industrial da Uceira.

O Alcalde pasa a explicar a proposta que chega ao Pleno previamente ditaminada pola Comisión especial de Contas, Economía, Facenda, Orzamentos, Administración Xeral, Urbanismo, Contratación Administrativa e Deportes, do 20.2.2025,

(…)

Tras as intervencións dos voceiros dos distintos grupos políticos, a Corporación, por unanimidade de todos os seus membros,

ACORDA:

Primeiro. Ao abeiro do artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, acórdase o cambio de uso dos terreos cualificados como sistema xeral de zonas verdes polo sistema xeral de equipamentos de dotacións-dotacional deportivo, terreos sitos dentro da delimitación do plan parcial do polígono industrial da Uceira e comprende as parcelas coas seguintes referencias catastrais:

7491707 NG7979S 0001 AL

7491715 NG7979S 0001 PL

7491716 NG7979S 0001 LL

Segundo. Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Ourense e comunicarllo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para os efectos da súa inclusión nos sistemas de información urbanística da Comunidade Autónoma».

O que se fai público para a súa executividade, comunicando que contra o citado acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, que pon fin á vía administrativa, quen se considere lexitimado poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, conforme o establecido nos artigos 10.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Así mesmo, infórmase que o contido íntegro do cambio de uso aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da área Municipal de Urbanismo; e de forma dixital na sede electrónica do Concello do Carballiño (https://carballino.sedelectroniga.gal/-Portal de transparencia).

Unha vez publicado o anuncio no DOG, o instrumento de plan que serve de base a este acordo será rexistrado, se procede, no Rexistro de Ordenación do Territorio e Plan Urbanístico de Galicia, por pedimento deste concello, para o que se remitirá un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado pola Secretaría do Pleno.

O Carballiño, 13 de marzo de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto do 3.7.2024)
José Rafael Castro-Gil Seijas
Concelleiro de Urbanismo