En cumprimento do previsto no artigo 75 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Manuel Tojeiro Sánchez.
DNI: ***1848**.
Expediente: DH.W15.107037.
Lugar: Lago das Pontes.
Parroquia: Santa María das Pontes de García Rodríguez.
Concello: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
Descrición das actuacións:
Instalación dunha carpa na parcela 50105, polígono 45, así mesmo, a instalación dun castelo inchable no lago das Pontes.
De conformidade co exposto no artigo 75 do Regulamento do dominio público hidráulico, o Servizo Territorial Galicia Norte de Augas de Galicia, con enderezo na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, 15008 A Coruña, abre con este anuncio un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que o peticionario presente a súa petición concreta e o documento técnico correspondente. Durante este prazo poderanse presentar outras peticións en competencia neste ámbito.
As persoas interesadas deberán presentarse cunha instancia coa solicitude para ser admitido á competencia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 1 de abril de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
