En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: CMVMC da Parroquia de Zobra.
DNI: ***2077**.
Expediente: DH.A36.104590.
Volume total anual: 600 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,20 l/s.
Destino: extinción de incendios forestais.
Orixe: X = 564462.40, Y = 4712106.60 (fuso29 ETRS89).
Lugar: A Freixa (Zobra).
Parroquia: Zobra (Santa Mariña).
Concello: Lalín.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consistirá na captación de auga dun manancial sito na parcela de referencia catastral 36024A293009110000YJ, para a súa condución mediante tubaxe 225 m ata un depósito situado na mesma parcela, para emprego na extinción de incendios forestais.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
