En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Concello de Barro.
Expediente: DH.A36.95738.
Volume total anual: 2.628,00 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,50 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: manancial en parcela 599, polígono 304.
Lugar: A Maquieira.
Parroquia: Barro.
Concello: Barro.
Descrición:
A auga cáptase en arqueta aros formigón Ø 1,20 m e condúcese a depósito PE na mesma parcela. Deste segue a arqueta en parcela 597, polígono 304, onde se divide cara a muíño en parcela 600, polígono 304, para uso en restaurante, e cara aseos na parcela 591, polígono 304, e na 269, polígono 303, para abastecemento destes.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 18 de marzo de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
