En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Carregal-Seixos.
Expediente: DH.A36.95597.
Volume total anual: 14.965,00 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,67 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: nove (9) mananciais:
Catro (4) mananciais na parcela 134, polígono 164.
Dous (2) mananciais na parcela 150, polígono 164.
Os outros tres (3) mananciais na parcela 13, polígono 167; parcela 11, polígono 167 e parcela 156, polígono 164.
Lugar: O Carregal.
Parroquia: Valadares.
Concello: Vigo.
Descrición:
A auga dos mananciais cáptase en arquetas de aros de formigón e reúnese para conducila ao depósito de formigón na parcela 8, polígono 167 do que parte unha rede distribución cara ás vivendas que abastece a Comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 12 de marzo de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
