DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 23906

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 27/2025, do 14 de abril, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de Galicia, UXT-Galicia, o 17 de marzo de 2025,

DISPOÑO:

Un. Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de Galicia, UXT-Galicia, a Eladio Romero Ares.

Dous. Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de Galicia, UXT-Galicia, a Rafael Vázquez García.

Santiago de Compostela, catorce de abril de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente