DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 23905

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 26/2025, do 14 de abril, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de Galicia, UXT-Galicia o 17 de marzo de 2025,

DISPOÑO:

Un. Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de Galicia, UXT-Galicia, Mar Martín González.

Dous. Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de Galicia, UXT-Galicia, José Luis Fernández Celís.

Santiago de Compostela, catorce de abril de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente