De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión. polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 13 de marzo de 2025 (DOG núm. 56, do 21 de marzo).
Segundo. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo da presente orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria.
Terceiro. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir o seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa da súa Administración de orixe.
O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia.
Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen ás persoas designadas. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data de alta.
Cuarto. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán dentro dos prazos sinalados no punto anterior as dilixencias de cesamento e de toma de posesión.
Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2025
Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar
ANEXO
Apelidos e nome: Codesido Vilar, Juan Carlos.
NRP: ******4324 A207A.
Subgrupo: A1.
Denominación do posto: xefatura do Servizo de Protección de Recursos.
Código: PE.C01.00.001.15770.015.
Nivel: 28.
Centro de destino: Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O NRP amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal
