DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 24139

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 14 de abril de 2025, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG número 221, do 21 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.1.2 da convocatoria, e en relación co segundo exercicio do proceso selectivo realizado o día 26 de marzo de 2025, o exercicio valorarase como apto ou non apto. Para estes efectos, establecéronse os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 21 de marzo de 2025, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Tendo en conta o anterior, acórdase publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 26 de marzo de 2025, correspondente ao segundo exercicio do proceso selectivo, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG número 221, do 21 de novembro), no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal).

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG número 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG número 34, do 19 de febreiro).

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025

Verónica Tellado Barcia
Presidenta do tribunal