DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 24141

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 10 de decembro de 2024, modificada pola Resolución do 16 de decembro de 2024 (DOG número 244, do 19 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, logo de revisar as reclamacións presentadas contra o primeiro exercicio deste proceso selectivo, realizado o 9 de febreiro de 2025,

Acceso libre: anular as preguntas 18, 55, 73, 75, 87, 102 e 110. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 141, 142, 143, 144, 145, 146 e 147, respectivamente. Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta número 57, dado que a correcta é a alternativa c). Desestímanse as restantes reclamacións presentadas ao dito exercicio.

Promoción interna: anular as preguntas 30, 48, 50, 62, 77 e 85. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 116, 117, 118, 119, 120 e 121. Desestímanse as restantes reclamacións presentadas ao dito exercicio. Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta número 32, dado que a correcta é a alternativa c). Desestímanse as restantes reclamacións presentadas ao dito exercicio.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o primeiro exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos.

No acceso pola quenda de promoción interna, superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden, en cada unha das partes, o 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Non obstante, de darse o caso de que o número de aspirantes que acade, en cada unha das partes, o 50 % das respostas netas sexa inferior ao número de prazas convocadas por esta quenda, superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

No acceso libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 %, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Non obstante, de darse o caso de que o número de aspirantes que acaden, en cada una das partes, o mínimo do 50 % das respostas netas sexa inferior ao resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións, ata acadar a devandita cifra, sempre que obtivesen, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Para os efectos do previsto nos dous parágrafos anteriores, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, terase en conta que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.

Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Así pois e de conformidade co disposto na citada base, mediante a Resolución deste tribunal do 29 de xaneiro de 2025, deuse publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, que reitera os criterios fixados na convocatoria.

Terceiro. De conformidade co previsto na convocatoria, asignaráselles a valoración de 50 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 50 e os 100 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

As persoas aspirantes que non superen o exercicio serán declaradas non aptas.

Cuarto. Unha vez feita a corrección dos exames na sesión do 2 de abril de 2025, de acordo cos criterios anteriores, na quenda de promoción interna ningún aspirante acadou en cada unha das partes o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, polo que as prazas desta quenda se acumulan ás prazas da quenda de acceso libre.

Quinto. De conformidade co previsto na convocatoria e na Resolución do 29 de xaneiro de 2025 deste tribunal, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, terase en conta que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna se acumularán ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.

Deste xeito, na quenda de acceso libre quedou fixado, logo de comprobar que ningún aspirante de promoción interna alcanzou as puntuacións mínimas exixidas, que superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas (incluíndo as de promoción interna), polo tanto un máximo de 68, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 %, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Non obstante, de darse o caso de que o número de aspirantes que acaden, en cada una das partes, o mínimo do 50 % das respostas netas sexa inferior ao establecido, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións, ata acadar a devandita cifra, sempre que obtivesen, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Unha vez feita a corrección dos exames na sesión do 2 de abril de 2025, de acordo cos criterios anteriores, na quenda de acceso libre obtiveron a puntuación mínima de 50 puntos un total de 32 aspirantes, ao se fixar en 56 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1 da convocatoria, e acordouse publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG número 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG número 34, do 19 de febreiro).

Oitavo. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025

Ismael Vilacoba Vieto
Presidente do tribunal