DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 24149

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 38, técnico/a superior de defensa contra incendios forestais do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se publica a baremación provisional complementaria da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o 23 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 4 de xuño de 2024 (DOG núm. 112, do 11 de xuño), este tribunal acordou facer pública a baremación provisional de varias categorías do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia. Entre estas categorías está a categoría 38, técnico/a superior de defensa contra incendios forestais.

Segundo. De conformidade coas bases da convocatoria, o baremo provisional configurouse en función do número de prazas convocadas e das puntuacións declaradas previamente polas persoas aspirantes, e, nun primeiro momento, avaliáronse soamente aquelas solicitudes de participación que, dada a puntuación obtida no autobaremo, foron susceptibles de obter unha das prazas convocadas. Para estes efectos, considerouse que o número mínimo de solicitudes que se avaliaron foi o dobre das prazas convocadas.

Durante o desenvolvemento dos procesos selectivos producíronse varias decisións xudiciais que afectaron a aplicación da regra de cómputo da experiencia profesional para o persoal que tivese prestado servizos de caracter discontinuo e que non foron tidas en conta polas persoas participantes no momento de configurar o seu autobaremo, o que comporta a necesidade de realizar un baremo complementario que inclúa o resto das solicitudes de participación que non foron baremadas provisionalmente, coa finalidade de evitar prexuízos de difícil ou imposible reparación e provocar indefensión para as persoas aspirantes.

Polas razóns expostas, este tribunal acorda facer pública unha baremación provisional complementaria do concurso de méritos con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que non foron baremadas provisionalmente na dita resolución.

A puntuación provisional obtida polas persoas aspirantes non baremadas inicialmente reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Terceiro. De acordo co establecido na base III.3 da convocatoria, as persoas baremadas complementariamente poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais ante o tribunal no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións presentaranse a través de Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». A persoa aspirante debe, no proceso de estabilización da categoría 38 do grupo I, acceder á epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».

Cuarto. A forma documental de acreditar os méritos neste proceso é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro), sen prexuízo do cumprimento do disposto no punto sexto da Resolución do 17 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 17, do 24 de xaneiro) (corrección de erros no DOG núm. 22, do 31 de xaneiro).

No portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesosselectivos/consulta, publícase un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da dita Resolución do 5 de decembro de 2023.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2025

Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal