DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 24293

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente 2024/PLANEAM/000011 (FG número 737).

Na sesión ordinaria do Concello Pleno, que tivo lugar o día 27 de marzo de 2025, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual número 17 do Plan xeral de ordenación municipal e do Plan parcial do SUD-1 (Cividáns, Mera) para a admisión de vivenda en planta baixa.

De conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, Área de Urbanismo, trámites de información publica, durante o prazo de dous meses, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 7 de abril de 2025

Ángel García Seoane
Alcalde presidente