DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 24292

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente 2024/PLANEAM/000001 (FG número 728).

Na sesión ordinaria do Concello Pleno, que tivo lugar o día 27 de marzo de 2025, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual número 15 do Plan xeral de ordenación municipal: clasificación como solo urbano das parcelas 5153901NJ5055S e 5153902NH5055S, na rúa Marolete, 2, e rúa Castromen, 11, Dexo.

De conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, Área de Urbanismo, trámites de información pública, durante o prazo de dous meses, para presentar as alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 4 de abril de 2025

Ángel García Seoane
Alcalde presidente