DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2025 Páx. 24290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

EDICTO de notificación de execución subsidiaria de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas.

Iniciado o correspondente expediente de execución subsidiaria da xestión de biomasa e de retirada de especies arbóreas na parcela catastral 118, do polígono 55, do catastro de rústica deste concello, por incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Considerando que, o 15 de xullo de 2024, se notificou ao titular catastral da dita parcela 118, do polígono 55, a obriga de realizar os correspondentes traballos de limpeza e roza, todo iso de conformidade co disposto no artigo 22 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril.

Considerando que, logo do prazo transcorrido e constatado o incumprimento das ditas obrigas, o 16 de agosto de 2024, esta Alcaldía acordou a aprobación da súa execución subsidiaria e a práctica da oportuna liquidación provisional dos traballos que se van realizar e a valoración das especies arbóreas que se van retirar.

Considerando que se incorpora ao expediente tanto o custo dos traballos derivados da súa execución subsidiaria, como o informe técnico sobre a valoración da madeira que se vai retirar.

Este decreto, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais e na Instrución 1/2018, do 26 de abril, da Consellería do Medio Rural, no uso das facultades conferidas pola normativa vixente,

RESOLVO:

1º. Advertir que a execución subsidiaria das actuacións por parte do Concello se levarán a cabo por parte da empresa Begal, S.L. o próximo día 30 de maio de 2025 a partir das 9.00 horas.

2º. Aprobar a cantidade de 995 euros + IVE en concepto de liquidación dos custos da realización dos traballos, todo iso sen prexuízo do seu carácter provisional e a resultas da liquidación definitiva que se practique unha vez realizadas ou rematadas as correspondentes actuacións.

3º. Destinar o importe obtido, 89,19 euros, pola venda da madeira que hai que sufragar os gastos derivados desta execución subsidiaria.

4º. Notificar aos interesados a resolución da Alcaldía.

Begonte, 3 de abril de 2025

José Ulla Rocha
Alcalde